This jam is now over. It ran from 2024-06-20 07:00:00 to 2024-06-21 18:00:00. View 3 entries
Os alumnos e profesores do Curso de Especialización en Videoxogos e Realidade Virtual do IES Muralla Romana de Lugo convídante a participar na Game Jam Muralla 2024, os días 20 e 21 de xuño.
Unha Game Jam é unha xuntanza presencial ou virtual, neste caso será exclusivamente presencial, na que nun tempo moi limitado os participantes realizarán individualmente ou en equipo un videoxogo.
Sí! Aínda son pouco coñecidos, pero desde hai uns anos a Formación Profesional oferta cursos de especialización que permiten que os estudantes poidan afondar en áreas específicas logo de facer os ciclos. Hai moitos e moi interesantes. Por exemplo, podes cursar o CE de Videoxogos e Realidade Virtual no noso centro. Os requirimentos de acceso son ter un Ciclo Superior da familia de informática ou o de Animacións 3D, xogos e contornos interactivos; tamén tes acceso se podes acreditar coñecementos previos.
Infórmate en edu.xunta.gal/centros/iesmurallaromana e edu.xunta.gal/fp/ven-fp
En anos anteriores ao rematar o curso facíamos unha Game Jam interna, pero este ano decidimos abrila a calquera persoa que queira participar (precisas anotarte previamente premendo no botón JOIN JAM).
A dinámica é sinxela, ao inicio faremos unha pequena presentación dos participantes e organizaremos os equipos. Podes vir só ou con equipo. Logo daremos unha temática que os xogos terán que seguir. A partir de ahi os equipos traballarán para ter unha idea e desenvolvela durante os dous días que dura a Jam. O último día ás 19:00 os xogos deberán estar rematados e entregados. A partir de ahi os equipos presentarán os xogos a todos os participantes. Ao non ser unha Jam competitiva, o premio é participar, aprender e divertirse.
Para participar debes ser maior de idade, traer un equipo informático propio e moitas ganas de crear videoxogos.
Es benvido tanto se sabes de videoxogos coma se non, aínda que é bo que teñas habilidades relacionadas coa creación de videoxogos ou polo menos teñas realizado algúns titoriais antes de vir. Se tes titulacións de ciclos de FP en informática, modelado, arte ou semellantes aínda moito mellor.
Debes anotarte antes do día 20 nesta páxina de Itch.io, premendo no botón "JOIN JAM" https://itch.io/jam/game-jam-muralla-2024
E logo simplemente achégate polo IES Muralla Romana o día 20 de xuño ás 9:00 ata o 21 de xuño ás 21:00. Teremos o espazo dispoñible para a Jam no horario de apertura do centro: 8:45h-15:00 e 16:50- 22:45.
Escríbenos a: ce.Videoxogos.Muralla+jam@gmail.com
No submissions match your filter